No curso 2001-2002 decidimos elixir unha mascota para dinamizar a biblioteca.

Como querìamos que fora a mascota de todos os nenos e nenas,acordamos involucralos no diseño.

Por eso enviamos unha circular aos titores e titoras para que puseran en marcha a campaña:

 

 


BIBLIOTECA

Campaña para a elección dunha mascota da biblioteca.


A biblioteca precisa dunha mascota que personalice as actividades e campañas que queiramos facer para fomentar a lectura. Para iso imos seguir os seguintes pasos:

 

11- Os rapaces faran un debuxo grande, nun folio, dun personaxe que pode ser:

-Un animal.

-Un neno ou unha nena con algunha peculiaridade (gafas enormes, un peinado curioso, unha forma de vestir especial)

-Un ser imaxinario.


2- Os debuxos recolleranse o luns día 11. Entre todos eles seleccionaranse 3 ou 4, e expoñeranse na biblioteca entre o 12 e o 15 de marzo.

 

3- Nese tempo os cursos poderán ir a biblioteca acompañados do seu titor ou titora e votarán por un dos debuxos.Para darlle mais seriedade disporemos dunha urna e o listado dos cursos para ir anotando a medida que votan.

 

4- A mascota gañadora será presentada en sociedade a partires do 20 de marzo (para manter un pouco a intriga)


 

O equipo de biblioteca decidiu seleccionar 6 debuxos para a elección final.

Os debuxos expusemolos na corcheira da biblioteca,previamente numerados para a elección:

 

      Nº 1               Nº 2

 

 


  

 

     Nº 3                   Nº 4

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

   Nº 5                Nº 6

 

 

 

                      

    O resultado da votación foi o seguinte:



A autora do debuxo gañador foi Alba Barcia Blanco,unha alumna de 4º curso de Primaria.¡Gracias Alba!

 

Entón unha vez escollida,decidimos darlle un nome.

 

Pusemos na entrada do colexio un panel onde os alumnos e alumnas foron anotando ao longo dunha semana os nomes que lles gustaban.

Ao final o equipo de biblioteca escolleu entre todos os propostos o de : Paco.

Dende entón a mascota nos recibe ao principio de curso,nos despide o último día de colexio,nos aconsella dende as páxinas do xornal escolar,se disfraza coma nos no Antroido,préganos silencio,recibe as nosas suxerencias no buzón da biblioteca, dános premios se lemos moito...

          ¡SEMPRE ESTÁ CON NÓS!

 

 

 

 VOLVER AO BLOG:

http://www.bibliotecadocole.blogspot.com